miércoles, 16 de octubre de 2013

Os nen@s do colexio saímos a limpar o Río Cabalar eos máis pequechos o Río Fiscaíño. Na Cabalar visitaron a antiga fábrica de chocolate que era un muíño de cacao que utilizaba a auga do río para facer aquel rico e exquisito chocolate que os nosos antepasados tiveron a sorte de probar. A fábrica construíuse sobre o 1889 e estivo en funciomnamento ata o 1920 dende aquela permanece abandonada e hoxe inda se poden ver restos de máquinas e a estructura do edificio. Limparon a beira do Río e fan un chamamento a Sociedade para que cuidemos o medio e non tiremos lixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario